Falamos
Ciclo de Experiencias Compartidas do Colexio Oficial de Psicoloxía de GaliciaA Vogalía de Formación do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia abre un espazo para compartir aprendizaxes e experiencias entre os compañeiros e compañeiras do COPG, un punto de encontro para a profesión.
Unha vez ao mes, no espazo «Falamos, Ciclo de experiencias compartidas do COPG» podes compartir un webinar sobre unha publicación, un libro, unha investigación, un caso clínico, un programa de intervención psicolóxica…
Un punto de encontro para seguir sumando á psicoloxía profesional galega.